O noso proxecto arrincou cunha clara intención: crear un lugar de entretemento e diversión para os pequenos da casa; un espazo seguro e confortable no que as mamás e papás fosen partícipes dos momentos de lecer dos seus fill@s. Dende 2007 ofrecemos un lugar de recreo onde celebrar todo tipo de festas ou gozar dunhas horas de xogo, buscando a felicidade dos pequenos e a tranquilidade dos maiores, nunha contorna de total seguridade e co mellor equipo humano dispoñible.
Durante estes anos apostamos polas mellores solucións de lecer, estudando as últimas tendencias, escoitando aos nosos clientes e ofrecendo o mellor servizo, desexando que o noso parque sexa unha garantía de éxito para a celebración de calquera evento. Sentímonos partícipes dunha xeración que creceu connosco, creando unha gran familia, e agardamos que moitas máis formen parte das nosas vidas ano tras ano.
No noso empeño, logramos reunir un equipo de traballo único, profesional, especializado e afable. Pendentes dos pequenos e a disposición dos máis maiores para garantir a diversión e seguridade.
Igualmente, contactamos con provedores da zona para ofrecer a mellor calidade nos nosos produtos e servizos ao mellor prezo.
Ano tras ano tentamos mellorar a nosa oferta, engadindo novos tipos de festas, atraccións, menús, servizos, etc… Traballamos día tras día para que os nosos clientes, grandes e pequenos, se móstren satisfeitos co noso labor. Para nós, non hai maior recompensa que un cliente que gozou da súa estancia e celebración en Planeta Máxico.
No noso parque os nenos atopan todo aquelo que os divirte: tobogáns, inchables xigantes, piscinas de bólas, túneles, agochos,… e todo iso deseñado por especialistas.
Todos os xogos están forrados con escuma de alta densidade, os materiais son ignífugos e o chan acolchado e antiescorregadizo, cumprindo coa normativa europea máis esixente.