Fai xa a túa reserva

Volvemos o 1 de Outubro

Ola amig@s! Estamos de volta. A partir do 1 de Outubro retomaremos á actividade. Queremos darvos as gracias polas mensaxes de apoio que recibimos todo este tempo. Tamén indicarvos que por mor do protocolo imos a traballar unha temporada dun xeito diferente ao habitual. Abriremos só para festas de aniversario baixo reserva, para un grupo único, de xoves a domingo. Queremos intentar manter un grupo pechado de seguridade para evitar, na medida do posible, a expansión da enfermidade covid 19. Por tanto, adxuntamos unha imaxe onde observaredes que podedes reservar o local para a vosa celebración e así manter a tranquilidade de que non se misturará con outro grupo. Podedes engadir merenda se queredes ou monitores (recomendable a partir de 10 nenos). Todo isto cumplindo o protocolo marcado polo Issga e a Consellería de Sanidade, para evitar a transmisión do virus, tendo algunhas implicacións como a retirada de bolas das piscinas e a prohibición do uso dos inchables en instalacións de interior. Entendemos que todas estas indicacións son excepcionais e que poderan mudar co paso do tempo, ao igual que a nosa forma de traballar que podería cambiar en canto se levanten algunhas restricións. En todo caso, xa podedes facer as vosas reservas no 606433501. Por fin os/as neno/as poderán disfrutar! Ben o merecen despois de tanto tempo sen ocio!

0 Respostas

Deixanos un comentario

¿Queres unirte á discusión?
¡Síntete libre de contribuir!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *