Contacto

O noso proxecto naceu coa intención de ofrecer un espazo de entretemento e diversión para os pequenos, onde os pais tamén puidesen participar. Dende 2007, brindamos un lugar seguro e confortable para celebrar festas e gozar de horas de xogo, buscando a felicidade dos nenos e a tranquilidade dos adultos.

Durante este tempo, traballamos en ofrecer as mellores solucións de lecer, seguindo as últimas tendencias e escoitando aos nosos clientes. O noso obxectivo é que o parque sexa un referente para calquera evento, formando parte das vidas das familias que nos acompañaron ao longo dos anos.

Contamos cun equipo profesional, especializado e cercano, sempre pendente dos pequenos e disposto a garantir a súa seguridade e diversión. Ademais, colaboramos con provedores locais para ofrecer produtos e servizos de calidade ao mellor prezo.

Cada ano melloramos a nosa oferta, engadindo novas atraccións, menús e servizos, coa meta de satisfacer a grandes e pequenos. Para nós, a maior recompensa é que os nosos clientes gocen da súa experiencia en Planeta Máxico.

O parque conta con tobogáns, inchables xigantes, piscinas de bólas e máis, todo deseñado por especialistas e cumprindo coa normativa europea de seguridade máis esixente.

Dónde Estamos

Pódese poñer en contacto connosco enchendo este pequeno formulario ou chamándo ao teléfono 606 433 501

0 + 1 = ?

Horario de apertura

Dispoñemos de zona WIFI
  • Martes a Xoves
  • Venres
  • Sábados e domingos
  • 17:00 a 20:30
  • 17:00 a 21:00
  • 11:00 a 14:00
    17:00 a 21:00